lunes, 23 de junio de 2014

Inglés

Os alumnos de 3º de PDC traballaron este ano no Programa do Plan Proxecta “Froitas” desde a materia de inglés elaborando diversos carteis acerca das froitas.
Elaboraron carteis de “Fruit of the Month”, no que escollían unha froita cada mes, e ademáis de mostrar imaxes dese tipode froitas, explicaban en inglés as súas características máis destacables.
Tamén elaboraron carteis bilingües inglés-español, cos ditos máis coñecidos de froitas na lingua inglesa, e as súas traduccións ao castelán. No caso daqueles refráns ingleses que non tiñan unha correspondencia en castelán, explicaban o sentido do refrán e a súa orixe.

Les fruits

O alumnado da ESO de francés  estivo a traballar o vocabulario da alimentación, e con tal fin fixo a tradución dos menús escolares dos diferentes meses deste ano.




Así mesmo, estivemos a traballar as propiedades das diferentes froitas, co obxectivo de concienciar os alumnos e alumnas dos beneficios que nos achega o consumo de froita, para iso realizaron un traballo de investigación que reflectiron en diferentes murais.







Traballamos o vocabulario




E coma non, tamén cociñamos











Estatística

O alumnado de tercero da ESO realizou un traballo estatístico sobre o consumo de froitas que obtivo o 2º accésit do concurso INCUBADORA DE SONDAXES E EXPERIMENTOS de SGAPEIO co seguinte traballo




Pero o alumnado seguiu traballando ata terminar cunha comparativa por cursos.


viernes, 13 de junio de 2014

FROITAS NA FONSA NO 2014

Os alumnos de informática de 4º da ESO fixemos unha presentación usando as imaxes dos carteis de froitas que había expostos no vestíbulo do centro.











viernes, 23 de mayo de 2014

RA e froitas

Os alumnos de 4º ESO na materia de tecnoloxía xeraron unha serie de códigos QR que foron expostos no centro con información relativa as froitas repartidas.

Os códigos pódense ver a continuación

jueves, 22 de mayo de 2014

I Love froitas

A terceira parte do traballo a facer por Alba e Lucía e que estaba relacionando a pintura e a arte coas froitas, consistiu en facer un bodegón para identificar o lugar onde se poñen as caixas de froitas. Mirade que bonito loce!!

miércoles, 21 de mayo de 2014

Frida Kahlo en feltro

Por fin está a obra rematada. A recreación do bodegón de Frida Kahlo non foi tan fácil como parecía. Despois de moito traballo e moita dedicación por fin conseguimos acabalo.
Vendo o resultado o esforzo ben pagou a pena,non vos parece?